Ao Contraataque
Tino Saqués e Manolo Mandiá coordinarán a nova dirección deportiva de C. D. Lugo
“Ao Contraataque” viviu onte unha noite especial, adicada a Club Deportivo Lugo, e realizada dende o patio da A.C. Vello Cárcere da cidade lucense.
Foi a primeira comparecencia publica do Presidente Tino Saqués trala destitución de Emilio Viqueira. O máximo mandatario albivermello referiuse a desavenencias deportivas coma o motivo do despido e explicou que non vai a haber novo director deportivo e creará unha comisión comandada por él mesmo e Manolo Mandiá para dirixir dita parcela.
O programa tamén asistiron os xogadores Carlos Pita e Toni Martínez ademáis do adestrador Alberto Jiménez Monteagudo ante un público lucense que ateigou o patio da antiga prisión lucense.