CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Manu Barreiro: "Temos que facernos fortes no Anxo Carro"

05/03/2020 - 23:13 h

O dianteiro do Lugo, Manu Barreiro, xogou onte “Ao Contraataque” na previa do choque ante o Cádiz, ex equipo do dianteiro compostelán: "a min sempre me gusta xogar contra os ex equipos. Cando son bos equipos e o líder, neste caso, sempre gusta".

O xogador albuvermello ten claro por onde pasan as opcións de salvación si cadro lucense: "estamos facendo as cousas ben, sacando bos resultados. Pero os demais equipos tamén puntúan. Na casa temos opcións de gañarlle a calquera. Temos que facernos fortes no Anxo Carro”.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.