CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Manu Barreiro: "Imos necesitar tres vitorias máis para salvarnos"

01/07/2020 - 23:05 h

O dianteiro de Club Deportivo Lugo, Manu Barreiro, xogou onte Ao contraataque tras o importantísimo trunfo acadado polos albivermellos ante o Numancia:

"Era un partido clave. Metemos a un rival máis na loita e tamén é importante para liberar a cabeza. Juanfran chegou coas ideas claras. No tema mental axudounos con tres ou catro cousas que tocou. Imos necesitar tres vitorias máis. Hai que facer nove puntos e a ver... Temos o gol average gañado con Albacete é Oviedo. Creo que podemos facelo. Estamos capacitados. Albacete ten un calendario complicado. O importante é gañar partidos e meter a cantos máis rivais na loita, mellor. Hai que salvarse como sexa".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.