CRTVG

Buscar

Destacados

Antonio Budiño (Vox) "Eu durmín moi ben, non sei outros, co éxito que conseguiu Vox a nivel nacional"

11/11/2019 - 08:57 h

O candidato de Vox pola provincia de Pontevedra, Antonio Budiño, expresou a súa satisfacción tanto polos resultados acadados no conxunto de España como en Galicia, onde medraron en votos aínda que sen obter escanos.

Nunha entrevista no Galicia por Diante, Budiño pediu que se deixe de falar de "cortalumes" contra Vox, porque "non vimos incendiar nada". Asegurou tamén que non son "belixerantes co PP", como dixo que escoitou na campaña.

O candidato de Vox salientou o incremento de votos en Galicia e considera que non obtiveron representación porque partían dunha posición moi abaixo, circunstancia que atribuíu ao "adoutrinamento" que dixo percibir no sistema educativo galego. En calquera caso, amosouse satisfeito pola traxectoria ascendente: "Pouco a pouco, non temos présa".

Cortes dos diferentes programas da RG