CRTVG

Buscar

A Tarde

Gaspar Broullón: "Nos filmes a xente ten que seguir abrazándose"

28/09/2020 - 16:44 h

O sector audiovisual tenta volver á súa particular nova normalidade. Despois dun confinamento onde se aproveitou para crear ideas, agora é o momento de darlles forma. Nese proceso están na produtora Ollo Vivo. Teñen varios proxectos entre mans. Un deles é a rodaxe da longametraxe 'O corpo aberto', unha adaptación dun conto de Xosé Luis Méndez Ferrín

A produtora tamén segue traballando en trasladar varias iniciativas do teatro á pantalla. Sobre todo, despois do éxito que supuxo a estrea de Eroski Paraíso. Conversamos con Gaspar Broullón sobre os distintos proxectos e a visión actual do mundo audiovisual. 

"Creo que sería un erro mudar as ficcións incorporando a máscara e a distancia de seguridade".

Revista de información e entretemento