A Tarde
Brais Doval: "Non sei cal é o meu camiño, vou collendo o que me dan"
Brais Doval é unha das novas caras da Televisión de Galicia despois de comezar a finais do ano no programa Malicia Noticias. Aos seus 26 anos amosa a súa naturalidade e espontaneidade nesta nova experiencia laboral. Aínda que a súa formación non foi no audiovisual, Brais foi descubrindo que isto era o que se lle daba ben.
Ademais Brais é colaborador do programa Déitate da Radio Galega. Antes diso foi colaborador durante unha tempada do programa A tarde. Conversamos con el para lembrar vellos tempos e para saber sobre a súa traxectoria. Compartiu con nós algunhas das cancións que o marcaron ata o momento.