CRTVG

Buscar

A Tarde

'Galicia nomeada', na procura dos microtopónimos máis descoñecidos

26/08/2020 - 17:27 h

O proxecto 'Galicia nomeada' ten como obxectivo a convervación da toponimia menor ou microtoponimia. Sábese que en Galicia hai máis de dous millóns de microtopónimos, moitos deles pouco ou nada coñecidos. Esta iniciativa impulsada pola Real Academia Galega e a Xunta permite que os usuarios poidan subir e etiquetar aqueles topónimos menores que teñan máis preto. 

Conversamos con Álvaro Crego, un burelao apaixonado da toponimia que colabora no proxecto. "É unha cousa única". Con el localizamos onde están lugares como A Tumbadoira ou O Canigote. 

Revista de información e entretemento