CRTVG

Buscar

A Tarde

O mal uso do teléfono móbil causa o 20% dos accidentes de tráfico

23/09/2019 - 16:24 h

A Fundación Linea Directa presentou o estudo Smartphones: o impacto da adicción ao móbil nos accidentes de tráfico. Nel advirte da perigosidade que supoñen para a circulación viaria. Detrás do seu uso está unha parte importante dos accidentes en España.

Conversamos co director de comunicación da Fundación Linea Directa, Santiago Velázquez: "Onde máis predomina é nos condutores novos e en vías urbanas. Os tipos de accidentes máis comúns son a saída de vía ou os alcances traseiros", sinalou.

Ademais, conversamos co responsable dun taller sobre as demandas das persoas á hora de colocar os mans libres nos coches. Falamos con José Díaz, director do taller Feu Vert en Lugo. 

Revista de información e entretemento
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí