CRTVG

Buscar

A Tarde

"Son de Lalín, pero non serven para botar á pota"

11/02/2020 - 18:31 h

A panadería do Gaiteiro creou hai algo máis de dous anos os Porquiños do Cocido. É un doce que se vende en paquetes de nove unidades; teñen un corpo de praliné de améndoa cun toque de curri cuberto de chocolate. A idea pertence a José Ramón Vilela con quen falamos desta e doutras creacións. 

"Está sendo un éxito; é algo moi representativo de Lalín. Seguimos desenvolvendo máis produtos. Trato de revalorizar o noso. Ás veces non somos conscientes do que temos".

Revista de información e entretemento