CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Eduardo Alonso, vicepresidente da Academia Galega de Teatro: "No 'streaming' non hai teatro"

07/10/2020 - 17:31 h

Na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela estase a celebrar o I Congreso Internacional de Teatro Galego, co horizonte posto no ano 2030. Debateranse o futuro do medio e a necesidade de crear unha Lei Galega de Teatro.

Falamos con Eduardo Alonso, vicepresidente da Academia Galega de Teatro, que considera fundamental a existencia de público físico para a existencia desta arte.