CRTVG

Buscar

A Tarde

Bibliotecas universitarias: "Parece que só servimos para os exames, pero estamos todo o ano"

05/12/2019 - 17:06 h

As bibliotecas universitarias reforzan o seu horario ante a chegada dos exames. O período modificouse nos últimos anos. Divídese entre as probas que hai antes e despois do Nadal. Conversamos con María Isabel Casal, directora da Biblioteca Universitaria da USC. "O alumnado agradece non ter esa presión excesiva en 15 días. Para nós supón maior esforzo económico. Pero de cara o rendemento dos alumnos, parece o máis racional", apunta. 

A directora réstalle importancia a algúns sucesos que ocorren nas bibliotecas, como a aparición dun personaxe que se fai chamar 'El Pescador': "Dende un punto de vista persoal teñen un punto de simpatía. Tampouco é un chamamento a que á xente vaia facer este tipo de accións rutinariamente", comenta. 

Revista de información e entretemento