CRTVG

Buscar

A Crónica fin de semana

Ángel Carracedo: "Un 50% da resposta á covid ten que ver coa xenética do individuo"

12/09/2020 - 11:06 h

O catedrático de Medicina Legal e investigador Ángel Carracedo asegura que, no estudo que está a liderar para abordar a evolución da COVID-19, procuran saber cales son as características xenéticas do individuo que condicionan a resposta ó coronavirus.

Neste senso, Carracedo apuntou nunha entrevista no Galicia por Diante da Fin de Semana que "un 50% da resposta á covid ten que ver coa xenética do individuo".

O estudo abrangue máis de 80 hospitais, preto de 25.000 pacientes e esperan que os primeiros resultados cheguen a primeiros de outubro.

O investigador galego tamén quixo salientar a reacción da ciencia fronte á pandemia e asúa "solidariedade" ante a mesma.

Espazo informativo