CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Alberto Vaquero, da rede Localis: "Son optimista. Esta pandemia suxire importantes cambios no medio rural"

22/05/2020 - 20:44 h

O profesor de Economía Aplicada e codirector da rede Localis, Alberto Vaquero, cre que a pandemia pode abrir unha oportunidade para o medio rural. Vaquero destacou que a agricultura e a gandería alimentaron as familias durante o confinamento.

Na súa opinión, o rural ten moito que ofrecer, máis alá do sector primario. Salientou que cunha mellora das comunicacións e ampliando a cobertura da fibra óptica, o rural pode ser un lugar de traballo tan atractivo coma as cidades.