CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Nuria Rodríguez, socorrista: "Nós non imos controlar a capacidade das praias"

10/06/2020 - 20:49 h

A presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia salientou que non lles corresponde a eles controlar a capacidade das praias. Nuria Rodríguez sinalou que os servizos de emerxencias terán que coordinarse nalgúns casos, e noutros os concellos contratarán xente para facer ese traballo.

Rodríguez engadiu que os socorristas apostan por desenvolver unha vixilancia "máis estática" este verán: permanecer máis tempo nas cadeiras para poder manter a distancia interpersoal e non ter que levar todo o tempo a máscara.