CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

María José Alonso, investigadora do CiMUS: "Dentro de 2-3 semanas empezaremos a probar a candidata a vacina en animais"

10/06/2020 - 20:41 h

A investigadora María José Alonso traballa nun proxecto para atopar unha vacina contra a Covid-19 no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC. Alonso sinalou que están nunha fase inicial, pero van rápido: explicou que no prazo de dúas ou tres semanas empezarán a experimentar a candidata a vacina en animais e terán resultados no prazo dun mes ou mes e medio. Se son bos, probarase despois en humanos. 

María José Alonso destacou que o obxectivo é unha vacina que logre unha protección potente e prolongada no tempo. Salientou que a sanidade e a investigación necesitan máis investimento público. María José Alonso lamentou que "a investigación foi un sector abandonado, sobre todo, na última década".