A Crónica 20h
Víctor Nogueira, presidente da Asociación da Empresa Familiar: "A empresa debe ser a nena agarimada nos próximos meses"
O presidente da Asociación da Empresa Familiar considera que as decisións tomadas ata agora para garantirlles liquidez ás empresas van na boa dirección, pero entende que este é o momento de reactivar a economía.
Víctor Nogueira amósase convencido de que "a empresa familiar será o motor da recuperación". Pide unha rebaixa de impostos transitoria, que se lles permita diferir cotas da Seguridade Social e medidas para incentivar o emprego.