CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Santiago Leyes: "As farmacias comunitarias son parte esencial da atención primaria"

08/06/2020 - 20:43 h

O presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Ourense asegurou que as farmacias garantiron unha subministración satisfactoria de produtos como máscaras de protección. Santiago Leyes explicou que houbo momentos críticos nos inicios da crise sanitaria, pero despois o abastecemento foise normalizando. Leyes salientou que quedou demostrado que o papel das farmacias comunitarias na atención primaria é esencial.