CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Ramón Rabuñal, internista do HULA: "Se hai pacientes graves de Covid-19 tratarémolos con plasma con anticorpos"

04/06/2020 - 20:42 h

No Hospital Lucus Augusti están seleccionando posibles doadores de plasma con anticorpos para tratar enfermos de Covid-19.

O internista Ramón Rabuñal, especialista en enfermidades infecciosas do HULA, explicou que no caso de que haxa un segundo brote ou volva haber pacientes graves trataranos con ese plasma.

Rabuñal sinalou que aínda que non hai ensaios clínicos publicados, o uso desa terapia demostrou ser eficaz en casos xa tratados.