CRTVG

Buscar

Zendal, con sede no Porriño, producirá a vacina da estadounidense Novavax

Publicado o 15/09/2020 13:14
Zendal, con sede no Porriño, producirá a vacina da estadounidense Novavax

O grupo biofarmacéutico Zendal, a través da súa filial Biofabri, foi o elixido pola compañía estadounidense Novavax para a produción industrial do antíxeno da súa vacina contra a COVID-19 na Unión Europea. Así o indica o acordo asinado polas dúas empresas. 

Desde xeito, a compañía española, con sede no Porriño, será a que produza para a UE a vacina deseñada pola farmacéutica con sede en Maryland. 

Desde xeito, Zendal convértese na primeira compañía biotecnolóxica española que entra no proceso de fabricación dunha das vacinas en que se traballa para combater o coronavirus.

A filial Biofabri está especializada no desenvolvemento de novas vacinas de humanos, entre outras,  MTBVAC, a vacina contra a tuberculose, que actualmente está en fase 2 de ensaios clínicos. Pola súa banda, CZ Vaccines é un referente internacional na fabricación de biolóxicos e vacinas.