CRTVG

Buscar

Zapatero cre que Sánchez debe ignorar as críticas dos exdirixentes socialistas: "O poder exércese xeneracionalmente"

Publicado o 30/11/2020 15:23

Os pactos para a aprobación dos presupostos do Estado espertaron as críticas de exdirixentes como Felipe González ou Alfonso Guerra. Hoxe outro histórico socialista, o expresidente Zapatero, saíu ao paso destas críticas en defensa de Pedro Sánchez. "O poder exércese xeneracionalmente, cada tempo ten o seu afán. Foron González e Guerra os que nos inculcaron a máxima lealdade ao goberno do teu partido", asegurou o expresidente.

Noticias web

30/11/2020