CRTVG

Buscar

Yolanda Díaz apoia as candidaturas dos chamados alcaldes do cambio

Publicado o 08/05/2019 15:05

A deputada electa de En Común-Unidas Podemos Yolanda Díaz apoia as candidaturas dos chamados alcaldes do cambio para as municipais, e asegura que fará campaña ao seu favor.

A súa postura contrasta coa da dirección de En Marea, que decidiu desligarse deles e, no caso de Ferrol, mesmo apoia unha lista alternativa. 

Yolanda Díaz, En Común-Unidas Podemos: "Eu, deputada de En Común-Unidas Podemos, farei campaña polo meu candidato da Marea de Vigo, polo meu alcalde da cidade de Ferrol e por todos os alcaldes deste país. Vou poñer a camisola para sacar o mellor resultado posible, que non haxa a menor dúbida".

 

Noticias web

08/05/2019