CRTVG

Buscar

Xunta e PSA traballan para facer de Balaídos a planta máis "competitiva" do grupo

Publicado o 27/05/2020 15:11

Durante a visita á fábrica de Balaídos, Alberto Núñez Feijóo e o conselleiro de Economía comprobaron como as medidas de prevención lle están permitindo recuperar a actividade, ata recuperar a teceira quenda de traballo o 1 de xuño.

Segundo informa a Xunta, seguirán colaborando con PSA para facer desta planta a máis competitiva e productiva do grupo automobilístico. O Goberno galego mantén o obxectivo marcado antes da pandemia de posicionar Vigo como un referente mundial no coche eléctrico e vehículo autónomo.

A Xunta lembra que asinará un convenio con PSA para apoiar con 5 millóns de euros a fabricación de furgonetas eléctricas. A Consellería de Economía, engaden, destinou 28 millóns de euros ao proxecto de PSA e do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia de poñer en marcha unha planta piloto de fábrica intelixente.

Noticias web

27/05/2020