CRTVG

Buscar

Xulgan un home por encerrar a seu pai nun baixo de Ordes

Publicado o 18/01/2021 14:54
Xulgan un home por encerrar a seu pai nun baixo de Ordes

Na Coruña, xuízo esta mañá contra un home acusado de reter a seu pai nun baixo de Ordes sen luz, calefacción nin auga durante máis de tres semanas.

Segundo o fiscal, que pide para el 11 anos de cárcere, o ancián permaneceu alí todo ese tempo contra a súa vontade e en condicións hixiénicas deplorables ata que o rescatou a Garda Civil, alertada polos veciños.

O acusado asegura que o encerro durou só tres días e que non tiña outro lugar en que deixar a seu pai porque tiña que traballar.

Noticias web

18/01/2021