CRTVG

Buscar

Xornada de transición nos mercados entre a Noiteboa e o fin de ano

Publicado o 26/12/2019 13:45

Non é habitual ver a praza de abastos de Santiago practicamente baleira. Un xoves que para moitos é unha xornada de transición, pasado a trasfega da Noiteboa e da comida de Nadal. Non é día de peixe. Hoxe a verdura é o prato estrela.

Con todo, hai quen aproveita para adiantar algunha compra para fin de ano.

E sempre é un bo momento para, simplemente, pasear polo mercado e apreciar os produtos galegos, nunha xornada sen chuvia e lonxe da algarabía habitual.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/12/2019