Xornada de traballo intenso para transformar Expocoruña nun hospital de campaña
Xornada de traballo intenso en Expocoruña para transformar os 27.000 metros cadrados do recinto nun hospital de campaña con capacidade para atender a uns douscentos enfermos. Prevese que instalacións estean listas a principios da próxima semana. No interior os taballos centráronse na instalación das conexisóns eléctricas e dixitais e tamén na canalización para o subministro do osíxeno terapéutico, imprescindible na loita constra a Covid 19. No exterior está prohibido o aparcamento para facilitar o acceso dos servizos de emerxencias e xa se habilitaron nun dos laterais as zonas de entrada para os profesionais sanitarios e para os proveedores. En caso de ser necesario ata Expocoruña trasladaranse os pacientes con coronavirus menos graves, os que requiren hospitalización, pero non ingreso na UCI.