CRTVG

Buscar

Xornada de limpeza dos fondos mariños no porto de Ferrol dentro dunha campaña internacional

Publicado o 26/09/2020 14:51

Ferrol é unha das corenta localidades españolas implicadas na Gran Limpeza Internacional dos Fondos Mariños. Unha ducia de mergulladores somerxéronse nas augas do porto e recuperaron residuos de toda clase, a evidencia máis tanxible de que aínda hai moito que andar no camiño da concienciación ambiental. 

Os mares agachan o reflexo do que somos como sociedade. Un reflexo normalmente oculto baixo as augas, pero hoxe visible grazas ao labor dos voluntarios que colaboraron na limpeza dos fondos mariños de Ferrol. Francisco Portero, do Club do Mar, explica que "hai moitos pneumáticos, redes abandonadas, moitos ferros... Demóstrase o pouco que coidamos o fondo mariño porque atopas de todo, ata lavadoras"

Unha ducia de mergulladores foron sacando á superficie todo clase de residuos. Son a mínima expresión do lixo que invade e contamina os nosos mares. Para os voluntarios fai falla máis concienciación ambiental.  O Club do Mar de Ferrol coordinou a limpeza. Contou coa colaboración da unidade de mergullo da Armada. Por cada quilo de lixo doarase un quilo de comida á Federación de Bancos de Alimentos.

Noticias web

26/09/2020