CRTVG

Buscar

Xoán Ledo renova dúas temporadas co Bidasoa

Publicado o 16/01/2020 21:00

Xoán Ledo acaba de renovar o seu contrato co Bidasoa. O porteiro lalinense, campión do mundo júnior, seguirá dous anos máis defendendo a meta do conxunto vasco, onde chegou no 2017 e co que conseguiu a clasificación para a Liga de Campións.

"Estou moi ledo de quedar aquí dous anos máis. Para min é dar un paso máis adiante, é seguir coa liña que levamos ata agora e o mellor de todo, sen dúbida, é seguir con estes compañeiros que me deron todo", declarou o gardameta.

Noticias web

16/01/2020