CRTVG

Buscar

Éxito nas vendas de pataca da Limia por Internet

Publicado o 28/05/2020 13:10

Tras semanas de intenso traballo, os produtores de pataca da Limia pecharán esta semana os envíos por Internet. Fano, iso si, despois de sacar adiante tres millóns de quilos de pataca dos catro que tiñan previsto venderlle á hostalaría antes de que comezara o estado de alarma.

Decidiron unir forzas para sacar adiante o produto e o aluvión de pedidos foi tal que chegou a colapsar o sistema e mesmo as empresas de transporte. Ademais, o traballo dos agricultores tivo tamén o seu lado solidario durante estes días: milleiros de quilos de pataca foron parar a comedores sociais.






 

Noticias web

28/05/2020