CRTVG

Buscar

Xisela Aranda, sete veces campioa de España de squash, cambia a raqueta polo fútbol

Publicado o 22/10/2019 21:38

Lémbranse de Xisela Aranda? Campioa de España de Squash en sete ocasións. A viguesa gardou a raqueta e agora abre unha nova etapa deportiva como xogadora do CD Tenerife. A Xisela dánselle ben todos os deportes. Agora, toca triunfar no fútbol. 

No verán divertíase co balón na praia en Vigo, agora xoga na Segunda feminina. Xisela Aranda aproveitou a oportunidade que lle deron en Tenerife de dedicarse ao seu outro deporte favorito.

Xisela Aranda: "De pequena gustábanme os dous deportes, a raqueta e o balón".

Dominou o squash español durante sete anos e agora, con 33, aplica a experiencia ao fútbol.

Xisela Aranda: "O squash deume moitísimo, poder competir a alto nivel".

Xisela invita a non poñerse límites e ter a mente aberta.

 Xisela: "Isto serve como exemplo para todo. Por que non? As nenas poden facer o que queiran".

Unha alegación para o deporte e para a vida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019