CRTVG

Buscar

Xinzo celebra o domingo oleiro, o segundo previo á festa grande do Entroido

Publicado o 17/02/2019 16:47

O Entroido vai tomando pulo en Galicia. No seu segundo domingo de preparación, as olas toman o protagonismo en Xinzo, onde se celebra o segundo domingo dos catro tradicionais antes do martes de Entroido.

Neste domingo oleiro os veciños pásanse olas. O que non a colla terá que pagar uns viños. Viven xa de cheo un Entroido que, din os limiaos, é un sentimento, moito máis ca unha festa.

Ademais, este ano estrean o selo de Festa de Interese Turístico Internacional, o primeiro Entroido que consegue este recoñecemento.

Noticias web

17/02/2019