CRTVG

Buscar

Ximo Puig repite como presidente da Generalitat valenciana co apoio de Compromís e Podem

Publicado o 13/06/2019 14:55

O modelo de Goberno de coalición ao que apela Podemos para o Estado botará a andar hoxe mesmo coa investidura de Ximo Puig como presidente da Generalitat valenciana. Puig será reelixido previsiblemente con 52 votos, os do Partido Socialista, Compromís e Unides Podem, que onte chegaron a acordo 'in extremis' para gobernar a comunidade valenciana.

O segundo pacto do Botànic contempla 132 medidas nun executivo con doce consellerías, das que seis serán para os socialistas, catro para Compromís e dúas para o partido morado, que se ocupará de Transparencia e Vivenda.

Noticias web

13/06/2019