CRTVG

Buscar

Xavi Torres: "O Español ten xogadores de Primeira; o Lugo, moita fame"

Publicado o 04/11/2020 18:17

O centrocampista do Lugo Xavi Torres advertiu de que o Español, ao que se enfrontará o sábado, "ten xogadores de Primeira" división e o equipo galego contrarrestará iso coa "fame" que está a demostrar nos últimos partidos, nos que sumou catro vitorias e un empate con Mehdi Nafti como adestrador.

"O Espanyol é un rival que se asemella ao que tivemos a semana pasada, o Raio Vallecano, a nivel individual ten xogadores moi bos, de Primeira División, pero o Lugo ten moitísima fame, unha confianza elevada e está con ganas de seguir esta dinámica", explicou nunha conferencia de prensa telemática.

"O futbolista branquivermello indicou que o equipo se atopa en "unha dinámica moi boa" e avogou por "tentar alongala o máximo posible". "O sábado temos enfronte un rival moi potente e moi duro na categoría, pero estamos convencidos de que, se facemos as cousas como vimos facéndoas, podemos facer un bo partido e oxalá sexa para sumar os tres puntos", asegurou.

 

 

 

Noticias web

04/11/2020

Máis sobre Lugo