CRTVG

Buscar

Xavi Torres entra na lista do Lugo para recibir o Almería

Publicado o 26/09/2020 13:47

O Lugo enfròntase ao descoñecido. Un Almería inédito que debuta no Anxo Carro con catorce novidades no plantel, que só gañou un partido na pretemporada pero que foi capaz de empatar a semana pasada ante o Atlético de Madrid. Malia os resultados, para Juanfran trátase dun equipo temible.

Juanfran García. Adestrador do C.D. Lugo. "Paréceme un rival complicadísimo, un rival que ten as ideas claras, un rival que ten xogadores importantes, que ten uns mecanismos que saben de pe a pa todos, saben o que teñen que facer. Acumulan moita xente por dentro, para logo xogar por fóra e buscar eses intervalos."

Para este partido, o técnico conta coas baixas de Pedro, Pita, Iriome e Hugo Rama, pero xa vai poder contar con Xavi Torres, tras superar as análises as que foi sometido.

Xavi Torres. C.D. Lugo. "Veño intentar achegar, non só dentro do campo, senón fóra porque haberá partidos nos que se nos poñan as cousas complicadas ou haxa que tirar un pouco de picardía e todo eso, dao a experiencia."

Unha experiencia e picardía da que tirou tamén Juanfran modificando a ubicación do banquiño local.

Juanfran García. Adestrador do C.D. Lugo. "Máis que nada é ter controlado todo o que se refira ao ámbito dos árbitros, de que o liña está do lado teu e non que esa información a teña sempre o equipo contrario."

O Lugo busca a súa segunda vitoria na Liga ante outro dos candidatos ao ascenso.

Noticias web

26/09/2020