CRTVG

Buscar

Xa están vixentes as novas restricións en Ourense

Publicado o 03/10/2020 14:50

Os ourensáns amenceron hoxe con cambios substanciais na súa actividade cotiá. Prohíbense en todo o concello as reunións entre persoas que non conviven habitualmente. Nin nas casas nin nos espazos públicos.

Porque é aí nesas xuntanzas con familiares e amigos onde se teñen detectado un maior número de casos, que en Ourense, malia que de xeito paulatino, non paran de medrar. Hai iso si excepcións: poderase ir traballar, coidar os maiores, realizar velorios e enterros, asistir a clases ou facer deporte nos ximnasios, tamén asistir a centros cívicos e sociais. Iso si, con algunhas restricións.

Os hostaleiros ourensáns recibían con preocupación estas novas medidas, que non se aplican noutros concellos limítrofes como Amoeiro, Barbadás ou Toén.

As novas medidas estarán en avaliación durante os próximos sete días. De non teren efecto non se desbota a posibilidade de ter que aplicar normas aínda máis estritas.

Noticias web

03/10/2020