CRTVG

Buscar

Unha nova morte rexistrada este mércores eleva a 618 o total de vítimas da Covid-19 en Galicia

Publicado o 03/06/2020 20:56

Unha muller de 95 anos, da área sanitaria de Ourense, infectada por coronavirus e afectada de patoloxías previas faleceu este mércores e elevou a 618 as vítimas mortais pola pandemia en Galicia, informou a Consellería de Sanidade.

Por outra banda, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou de que hoxe se superou por primera vez a cifra dos 10.000 pacientes de Covid-19 curados. En total son 10.033 persoas curadas.

Ademais, continúa en descenso o número de casos activos, que a día de hoxe son 678, 29 menos ca onte.

Nas residencias, son 29 os traballadores afectados  e 34 os propios usuarios. Nos dous casos continúa descendendo o número de enfermos.

A distribución por áreas sanitarias é a seguinte:

• Vigo: 257 (-2).

• A Coruña: 147 (-11).

• Santiago: 130 (-5).

• Ourense: 60 (-8).

• Lugo: 39 (=).

• Pontevedra: 25 (-3).

• Ferrol: 20 (=).

Só queda un paciente en UCI, co que son dous menos ca onte en coidados inensivos. En planta hai a día de hoxe 28 enfermos coa COVID-19, un máis ca onte, e 649 permanecen no domicilio (28 máis ca onte).

O número de PCR realizadas é de 145.644.