CRTVG

Buscar

Xa sobe de 300 o número de afectados en residencias de anciáns

Publicado o 29/03/2020 22:02

Ssegundo os últimos datos, das 9 da noite, son xa 15 os usuarios de residencias de anciáns falecidos por coronavirus en Galicia, cinco na residencia Domusvi San Lázaro de Santiago. Nas últimas 24 horas tamén faleceron senllos usuarios no Fogar residencial de Bellolar e na residencia do Portádego, ambas na Coruña. Nesta última, ademais, duplicouse nas últimas horas o número de positivos: 27, entre usuarios e traballadores.

Pero a residencia onde se concentra un maior número de casos segue sendo a DomusVi Barreiro de Vigo, 85 en total, e un usuario falecido.

En conxunto, en Galicia, segundo os datos máis recentes, hai 237 maiores e 77 coidadores contaxiados.

Noticias web

29/03/2020