CRTVG

Buscar

Xa se poden servir consumicións nas barras dos bares e restaurantes

Publicado o 08/06/2020 13:53

Xa se pode recuperar a rutina de tomar o café na barra do bar.

"Os que saímos co tempo xusto para tomar un café, agradecemos máis tomalo así na barra que sentar nunha mesa", di un dos priimeiros clientes que goza deste pracer. "Prefiro na barra, sempre o tomo na barra", di outra.

Pero son das poucas, os clientes maioritariamente prefiren quedar nas terrazas, que a partir de hoxe xa funcionan ao 75 por cento da súa capacidade.

"Temos clientes que levan máis de 30 anos vindo e que nunca usaran a terraza e agora póñense na terraza e non na barra", di o hostaleiro Antonio Blanco.

Dentro dos negocios xa poden traballar coa metade da súa capacidade, un paso máis cara á nova normalidade.

"A xente toma un café de catro minutos e xa non senta, hai un pouco máis, pero estamos en mínimos", recoñece Ignacio López.

Para Ricardo Ponte é un paso máis. "Menos atrancos porque entre desinfectar e tal, dá máis traballo do que había, a ver se se normaliza".

Mesma acollida nos hoteis, onde, ademais, abren as zonas comúns, pero baixo estritas medidas de hixiene, ventilación e distancia social. Os servizos de animación poderán traballar cun máximo de 20 persoas.

Noticias web

08/06/2020