Xa se pode solicitar praza para os campamentos de verán da Xunta
Publicado o 16/06/2020 08:47
Este ano poderán participar máis de 6.800 menores. Será unha ocupación moito máis limitada e reforzarase o numero de monitores. O obxectivo é adaptarse á nova situación e que os participantes poidan realizar actividades en grupos máis reducidos para evitar contaxios. Ademais, todos eles deberán achegar unha declaración sobre o seu estado de saúde e sempre se empregarán máscaras cando non se poida garantir o distanciamento físico.
A Xunta de Galicia decidiu manter estes campamentos xa que son unha importante alternativa para a conciliación das familias. Desenvolveranse a partir da segunda quincena de xullo e como novidade haberá minicampamentos de tan só cinco dias de duración.
Máis sobre actualidade
27/01/2021 21:02