CRTVG

Buscar

Xa se permite o 100% de ocupación no transporte público

Publicado o 08/06/2020 14:33

Os primeiros usuarios do transporte público na fase 3 están ben informados.

Unha das novidades desta semana é que se eliminan as restricións de cabida no transporte colectivo. En autobuses urbanos e interurbanos, tranvías e ferrocarrís, xa se poden ocupar todas as prazas dispoñibles.

Onde non hai cambios é no taxi. O asento do copiloto segue anulado e atrás só poden viaxar tres persoas conviventes. De non ser así, cómpre deixar libre a praza do medio. Ao contrario do autobús, o sector asegura que o desconfinamento non está a aumentar a utilización do taxi.

O uso da máscara é obrigatorio para todos os viaxeiros en todos os medios de transporte.

Noticias web

08/06/2020