CRTVG

Buscar

Xa se coñecen os horarios da primeira eliminatoria da Copa, con oito equipos galegos

Publicado o 01/12/2020 21:49
Xa se coñecen os horarios da primeira eliminatoria da Copa, con oito equipos galegos

Esta tarde coñecemos os horarios da primeria eliminatoria da Copa do Rei de Fútbol, oito equipos galegos disputarán os seguintes enfrontamentos entre o martes 15 e o xoves 17 deste mes

O martes 15 ás seis da tarde Atlético Pulpileño-Lugo e ás oito o Ourense recibe o Leganés. O mércores 16 curioso horario para o Coruxo-Málaga, no campo do Vao enfrontaranse ambos equipos ás 15.15 da tarde. Para o xoves 17 o resto de encontros, ás cinco Deportivo- El Ejido, ás sete encontro para a historia entre o Ribadumia e o Cádiz, tamén ás sete Ibiza-Compostela, ás oito o Pontevedra-Cartaxena e ás nove Llanera- Real Club Celta.

Noticias web

01/12/2020