CRTVG

Buscar

Xa non hai modistas que collan encargos en Xinzo

Publicado o 04/02/2019 23:03

En Xinzo, onde acaban de declarar o seu Entroido Festa de Interese Turístico Internacional, non dan feito estes días facendo disfraces. 

As modistas de Xinzo de Limia non dan abasto. Levan semanas cosendo disfraces, día e noite. Ata oito traxes é capaz de facer ela soa nunha xornada. Moita xente agardou ata agora para facer o disfrace e xa non atopa quen llo faga, cada ano quedan menos costureiras.

Algunhas persoas mesmo tiveron que desprazarse a concellos lindeiros para conseguir costureira que faga un disfrace, outras mercaban hoxe teas para coselos na casa.

O importante é que non te pille o Entroido coa roupa do diario.

Noticias web

04/02/2019