CRTVG

Buscar

Xa están as ramplas mecánicas na Gran Vía de Vigo

Publicado o 19/05/2020 19:58

Xa se poden ver na Gran Vía de Vigo as ramplas mecánicas. As obras avanzan, e hoxe mesmo instalouse o tapiz rodante, que permitirá salvar a pendente nunha das arterias principais da cidade. Esta remodelación obrigara a talar 24 árbores, unha actuación que xerou certa polémica. O alcalde anunciou que agora se multiplicarán por tres con esta humanización. Estímase que as obras poidan estar rematadas no mes de agosto.


 

Noticias web

19/05/2020