CRTVG

Buscar

'Wonder women', once mulleres na colección do CGAC

Publicado o 19/06/2020 14:41

A Muller Marabilla, unha personaxe icónica da cultura pop e emblema do feminismo nos anos 70, dá título á nova exposición que pode verse desde hoxe no Centro Galego de Arte Contemporánea.

"Propoñemos unha adaptación do título, que é Wonder Women en plural, para amosar a revolución das mulleres que ocorreu ao longo dos últimos 30 anos", explica Santiago Olmo, director do CGAC.

Baixo ese título, baseado nesta peza da artista neoiorquina Dara Birbaum, a mostra reúne obras de 11 artistas mulleres pertencentes aos fondos propios do CGAC, entre elas Eva Lootz, Dora García, Esther Ferrer ou a galega Menchu Lamas.

"Menchu Lamas era a única muller no grupo Atlántica e neste momento a presenza de mulleres na escena contemporánea galega é enorme", di Santiago Olmo.

A mostra poderá verse no Centro Galego de Arte Contemporánea ata o 6 de setembro.

Noticias web

19/06/2020