CRTVG

Buscar

Wellens gaña no seminario de Ourense

Publicado o 04/11/2020 19:57

 A segunda tirada da Volta a España en Galicia deixou unha etapa rápida entre Lugo e Ourense, na que o belga Tim Wellens lle puxo o ramo á fuxida do día. O pelotón cubriu os 205 quilómetros con media hora de adianto sobre o horario previsto. Wellens xunto con outros 6 corredores saltaron no quilómetro 50 e xa non os volveron ver. O belga, que xa gañara en Sabiñánigo, impúxose a Michael Woods e a no seminario de Ourense. Por detrás, non houbo movemento entre os favoritos. Roglic mantén o liderado por diante do ecuatoriano Richard Carapaz e do británico Hugh Carthy. Mañá a Volta sairá de Mos e acabará na zamorana Pobra de Seabra na que será a etapa máis longa da competición con 230 quilómetros.

Noticias web

04/11/2020

Máis sobre Lugo