CRTVG

Buscar

Alfonso Nogueiro: "Este ano vai haber moi boas oportunidades para mercar coche, e todos os novos cumpren coa normativa"

Publicado o 03/01/2020 12:18

No 'Bos días', o director de Faconauto, Alfonso Nogueiro, explica e aclara os datos de matriculación de vehículos no ano 2019. En 2019 caeron as vendas por primeira vez dende 2012, case un 5% no conxunto do Estado e máis dun 12% en Galicia, sete puntos por enriba da media de España.

"Na nosa comunidade a caída é de case o 13% o que nos leva a un parque móbil aínda máis vello, xa era dos máis vellos de España. Temos que facer un sobre esforzo ao parque medio español", salienta do director de Faconauto.

Esta caída está motivada, segundo Alfonso Nogueiro, "porque todo o que está a acontecer coas novas enerxías para os vehículos frea ao consumidor. Non hai unha caída da economía respecto do resto de España, pero retrásase a compra de novos productos. No caso de Galicia, a caída é maior do que pensabamos todos. Para o ano 2020 esperamos unha caída do 3%, hai que ser optimistas. Ao consumidor hai que trasladarlle confianza nas novas tecnoloxías, confianza en que vai haber novas e moi boas oportunidades de mercar coches novos, especialmente en diesel e en eléctricos, e iso ten que favorecer a renovación do parque móbil".

O 2020, coa entrada da normativa europea, vai penalizar as marcas que non poidan conseguir a redución de emisións, explica Alfonso Nogueiro, quen aclara que para o consumidor, o cliente final, "a penalización destas marcas vai ser unha oportunidade moi boa de facerse cun coche novo. Pensamos que en diésel e en eléctricos haberá moi boas operacións en beneficio do cliente final".

"Se queremos reducir as emisións de CO2, explica o director de Faconauto, hai que mercar vehículos diesel e vehículos eléctrico. O vehículo diesel emite un 20% menos que a gasolina. Todas as motirizacións son cumplidoras coa normativa europea".

O motivo polo que de momento non se venden máis vehículos eléctricos é segundo Alfonso Nogueiro "ten un prezo que non se achega a todo o mundo e no caso dos híbridos pasa unha cousa semellante, a mais éstá a realidade dos puntos de carga que de momento o 50% non están a funcionar. Tamén habería que ver a posibilidade de que desde o Estado tomen medidas que faciliten poder mercar estes coches novos e medidas para facilitar o despezamento dos coches antigos".

"Temos o parque máis vello de Europa, despois de Grecia, con trece anos de media e que vai seguir crecendo. Iso penaliza a seguridade víal, o consumo e as emisións contaminantes, porque a realidae que todos os vehículos novos actuais cumpren coa normativa europa", explica o director de Faconauto.

Noticias web

03/01/2020