CRTVG

Buscar

Vox anuncia unha moción de censura en setembro contra o Goberno de Pedro Sánchez

Publicado o 29/07/2020 15:50

• O PP desmárcase: "Non conten connosco para manobras de distracción"

• No pleno Sánchez explicou os detalles do acordo do fondo de recuperación acadado en Bruxelas

O último pleno do curso político deixa un anuncio para setembro: moción de censura de Vox.

O PP desmárcase. Din que non conten con eles para manobras de distracción e que estarán no importante: salvar vidas e empregos.

O pleno comezou coa bancada do PSOE ao completo, malia a acordo dos grupos de manter unha ocupación do 50% para evitar riscos de contaxio.

Estaban todos para escoitar os detalles de Sánchez sobre o acordo de Bruxelas. Dixo que España foi determinante nas negociacións e que o fondo é un fito económico e social, sen novas condicións.

O líder da oposición fala de ineficacia ante os novos brotes e os datos económicos, e acusa de arrogancia e triunfalismo os socialistas.

O BNG ve un rescate nos fondos europeos, o PNV di que non salvan a lexislatura e Esquerra tamén advirte: complícase o seu apoio aos presupostos, xa que cren que estarán tutelados por Bruxelas.

Ciudadanos tendeu a man ao Goberno para negociar as contas.

Sobre a moción de censura, en Twitter axiña respondeu o PP: