CRTVG

Buscar

Vox asegura que as palabras de Pablo Iglesias en relación aos escraches son unha ameaza

Publicado o 20/05/2020 14:22

Veciños protestando ás portas do chalé de Pablo Iglesias e Irene Montero. Varias dotacións da Garda Civil para defender o vicepresidente do Goberno e a súa muller. Iglesias di que isto lle pode ocorrer a outros líderes políticos.

Dende Vox din que estas palabras do vicepresidente son unha ameaza e fano directamente responsable do que puidese acontecer.

Lembran que Iglesias defendeu sempre este xeito de protesta, chegando a protagonizar un escrache contra Rosa Díéz na Universidade hai dez anos.

O Ministerio do Interior xa ordenou reforzar a vixilancia nos domicilios particulares dalgúns ministros.

 

Noticias web

20/05/2020