CRTVG

Buscar

Volven declarar no xulgado de Tui amigos do exmozo de Déborah Fernández

Publicado o 17/11/2020 14:59

Algo se está a mover no caso de Déborah Fernández nos últimos meses. Esta mañá volveron declarar dúas testemuñas cuxa presenza nos xulgados foi solicitada pola familia da moza viguesa asasinada en 2002.

As dúas persoas que volveron prestar testemuño son dous amigos do círculo de Déborah Fernández e da súa exparella.

Nada transcendeu do contido das súas declaracións, pero os avogados da familia da moza viguesa confían en que poidan dar máis luz sobre as circunstancias da súa desaparicion e morte. Queren encaixar as pezas dun caso que permanece sen resolver dende 2002.

familia de Déborah xa solicitou a declaración de máis persoas. Algunhas delas xa foran rexeitadas noutras ocasións, pero os seus avogados insisten en que o seu testemuño podería ser clave no proceso, entre eles, o da exparella de Déborah.

No último ano, dende que a maxistrada reabriu esta causa, xa pasaron polos xulgados de Tui máis de quince testemuñas, entre elas os pais de Déborah, que declaraban por vez primeira en sede xudicial.

A causa segue o seu curso á espera doutras importantes dilixencias, como a descarga do disco duro do ordenador persoal de Déborah.

 

Noticias web

17/11/2020