CRTVG

Buscar

Volven as axudas para renovar coche dentro dun novo plan de pulo á automoción

Publicado o 15/06/2020 14:57

O Plan de impulso á automoción que acaba de presentar o Goberno mobiliza 3.750 millóns para todo o sector, dende a fabricación de compoñentes ata a venda.

250 millóns son axudas directas para a compra de vehículos de todas as tenoloxías e orientadas a contaminar menos. Para beneficiarse hai que entregar un coche de máis de 10 anos para a chatarra e que o novo sexa dos más eficientes. E terán incentivos adicionais as rendas máis baixas. Todas as medidas foron consensuadas co sector.

Satisfacción entre a patronal dos concesionarios e industria, presentes no acto, e tamén e os sindicatos, que fixeron un chamamento a empresas como Nissan.

O sector reclamaba axudas ante a derruba das matriculacións entre marzo e maio. Nas últimas semanas viñan notando unha repunta nas vendas, sobre todo polos descontos impulsados dende as propias marcas.

O plan de impulso da automoción tamén contempla que os concellos poderán liberar parte do seu superávit para adquirir vehículos menos contaminantes.

Noticias web

15/06/2020