CRTVG

Buscar

Volven á actividade as liñas de produción na planta viguesa de PSA

Publicado o 13/05/2020 18:14
Volven á actividade as liñas de produción na planta viguesa de PSA

Volveu xa a actividade á cadea de montaxe da fábrica viguesa de PSA. O luns incorporáronse os primeiros empregados, pero hoxe volveu o groso, 1.600 empregados. Polo momento só funciona a quenda de mañá nas dúas liñas de montaxe, onde se aumentaron os protocolos de seguridade e distancia para evitar contaxios. Agárdase que nas próximas semanas se poidan ir incorporando o resto de quendas e traballadores, se ben dependerá da evolución do mercado e da propia situación sanitaria.


 

Noticias web

13/05/2020